REMATE PRAZO INSCRICIÓN X SAN SILVESTRE SOLIDARIA 2022

Pois xa non queda nada para a X edición da San Silvestre Solidaria que organiza o Concello de Salceda de Caselas e as EDM Salceda, que despois de 2 anos de paro obrigatorio volta con máis forza que nunca.

Recordade que hoxe remata o prazo de inscrición OFICIAL para poder participar baixo a cobertura da póliza de ACCIDENTES DEPORTIVOS contratada para esta proba, as persoas que desexen participar sen estar inscritas en tempo e forma o poderán facer baixo a súa RESPONSABILIDADE, non estando amparados en ningún momento pola cobertura da mesma.

E xa que se trata dun evento solidario que mellor para pechar a carreira coa enorme SORPRESA que nos fan chegar hoxe desde A.C.I.S.A. (Asociación de Comerciantes e Industrias de Salceda) como é o agasallo de 8 VALES DE 100€ cada un para sortear entre tódolos dorsais que rematen a carreira, VALES DE COMPRA para trocar nos establecementos asociados de A.C.I.S.A.

MOITAS GRAZAS!!