Rastrexo diurno Festa dos Callos

rastrexo diurno

Xa te podes apuntar ao rastrexo diurno que terá lugar o día 5 de setembro a partir das 16:30 na Praza do Concello.

Cada espazo municipal vai a ser obxecto da proba, onde os participantes acompañados por un mapa, no que se lle disporá a orde na que terán que ir solventando cada proba, a equipa que consiga superar todas as probas, e que dispoña de mellor puntuación (menor tempo de execución da proba), será o equipo gañador.

Os integrantes deben constituír un equipo de 10-12 persoas, sendo 7 de elas maiores de 16 anos, e sempre ten que existir un adulto responsable. O Concello de Salceda de Caselas non se fará responsable da posibilidade de accidente do rastrexo.

Os tres primeiros equipos terán un vale de consumición para a festa dos callos que se vai a celebra ao día seguinte e un trofeo.

O límite de inscricións será con data do venres 4 ata as 14:00 ou chegado ao máximo de 150 persoas, polo que o peche de inscricións se cumpre este último prazo poderá pecharse antes.