II GALA DO DEPOTE DE SALCEDA DE CASELAS

A II Gala do Deporte honrará os logros do deporte salcedense

O día 14 de novembro terá lugar no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas a II Gala do Deporte, que porá en valor os logros deportivos das e os deportistas salcedenses nas últimas tempadas, nunha noite escollida para transmitir ao deporte de base do municipio o cariño e a calor que eles e elas mesmas colleitan co seu esforzo.
Calquera deportista, equipo, ou entidade vencellada ao deporte (de orixe salcedense ou que garde unha relación estreita con Salceda) que desexe candidatar pode facelo ata 30 de setembro a través do formulario accesible a través do seguinte enlace: https://forms.gle/74hKoQ6UF1ZtoaFbA .
Podes consultar as datas, criterios e sistemas de puntuación no setuinte enlace:
XURADO_ datas, criterios, sistema de puntuación
As categorías ás que se pode candidatar son:
  • Premio Entidade que Colabora co Deporte
  • Premio Mellor Evento Deportivo
  • Premio a unha Vida Adicada ao Deporte
  • Premio Mellor Equipo da Tempada
  • Premio Mellor Adestrador/a
  • Premio Escola Base
  • Premio Deportista Masculino con Maior Proxección
  • Premio Deportista Feminina con Maior Proxección
  • Premio Deportista Masculino Absoluto
  • Premio Deportista Feminina Absoluta
  • Mellor Actividade/Acción Social.
O xurado estará formado por unha Mesa constituída por membros de todas as entidades deportivas do municipio que desexen participar, así como dos grupos políticos da corporación.