CORRE X SALCEDA 2023

Xa temos a volta da esquina a “X edición da Corre X Salceda 2023” que será o vindeiro domingo día 7 de maio.

Deixamos neste enlace toda a información da proba, percorridos, horarios, regulamento etc. As inscricións serán a través da páxina de championchipnorte, deixamos tamén enlace directo para poder realizalas sen maior problema.

Recordade que ata o 26 de abril para as probas de 10k e 5k o prezo estará bonificado a 6€, do 27 de abril o 3 de maio (ambos incluídos) o prezo será de 8€, resto de categorías escolares/menores gratuítas.

ACCESO A TODA A INFORMACIÓN