APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS DE NATACIÓN 2023

🤿Cursos de natación!
📍Piscina municipal de Salceda
📅Xullo e Agosto

📣O prazo de inscrición iniciarase mañá 8 de xuño e os formularios terán que ser entregados, xunto cos xustificantes de pagamento das taxas na Casa da Cultura Castelao.

👉Os prazos para a reserva de quendas son os seguintes:
1⃣Quenda de xullo: ata o 28 de xuño.
2⃣Quenda de agosto: ata o 27 de xullo.

💸Os prezos mensuais serán de 25€ para as persoas nadas entre o 2009 e o 2019 e de 30€ para as persoas nadas antes do 2009.

📝A ficha de solicitude de inscrición poderase obter na páxina web do concello http://salcedadecaselas.gal/ ou recoller na Casa da Cultura Castelao.

FOLLA-DE-INSCRICION-CURSO-DE-NATACION-2023