“XII” CORRE X SALCEDA 2025

RECORDADE QUE MAÑÁ MÉRCORES DÍA 30 DE ABRIL REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN AS 23:59H.

Como nas últimas edicións é en colaboración con A.C.I.S.A. (Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda), tanto a carreira de 10k e a alternativa de 5k terán ademais do trofeo aos gañadores e gañadorasVALES DE COMPRA tanto na categoría absoluta como na categoría de corredor/a local.
IMPORTE DOS VALES SEGÚN A CATEGORÍA E POSTO
CATEGORÍA 10K ABSOLUTA
1º CLASIFICADO 100€ – 1ª CLASIFICADA 100€
2º CLASIFICADO 50€ – 2ª CLASIFIDADA 50€
3º CLASIFICADO 30€ – 3ª CLASIFICADA 30€
CATEGORÍA 10K SALCEDENSE
1º CLASIFICADO 50€ – 1ª CLASIFICADA 50€
2º CLASIFICADO 25€ – 2ª CLASIFIDADA 25€
3º CLASIFICADO 20€ – 3ª CLASIFICADA 20€
CATEGORÍA 5K ABSOLUTA
1º CLASIFICADO 60€ – 1ª CLASIFICADA 60€
2º CLASIFICADO 30€ – 2ª CLASIFIDADA 30€
3º CLASIFICADO 25€ – 3ª CLASIFICADA 25€
CATEGORÍA 5K SALCEDENSE
1º CLASIFICADO 40€ – 1ª CLASIFICADA 40€
2º CLASIFICADO 20€ – 2ª CLASIFIDADA 20€
3º CLASIFICADO 15€ – 3ª CLASIFICADA 15€

Xa temos a volta da esquina a “XII edición da Corre X Salceda 2025” que será o vindeiro domingo día 4 de maio.

Deixamos neste enlace toda a información da proba, percorridos, horarios, regulamento etc. As inscricións serán a través da páxina de championchipnorte, deixamos tamén enlace directo para poder realizalas sen maior problema.

Recordade que ata o 21 de abril para as probas de 10k e 5k o prezo estará bonificado a 6€, do 22 de abril o 30 de abril (ambos incluídos) o prezo será de 8€.

A inscrición para as categorías escolares/menores (2010 e posteriores) é gratuíta, tendo que aportar 1 kilo de alimentos non perecedeiros. PREFERENTEMENTE LATAS DE CONSERVA E ACEITE para o programa Municipal de alimentos.

INSCRICIÓNS ENLACE DIRECTO
REGULAMENTO XII CORREXSALCEDA 2025

ENLACE A CIRCUÍTOS:  ESCOLARES/MENORES 100-150-500-1.000-2.500 METROS