CORRE X SALCEDA 2024

 Xa temos a volta da esquina a “XI edición da Corre X Salceda 2024” que será o vindeiro domingo día 5 de maio.

Deixamos neste enlace toda a información da proba, percorridos, horarios, regulamento etc. As inscricións serán a través da páxina de championchipnorte, deixamos tamén enlace directo para poder realizalas sen maior problema.

Recordade que ata o 22 de abril para as probas de 10k e 5k o prezo estará bonificado a 6€, do 23 de abril o 1 de maio (ambos incluídos) o prezo será de 8€.

A inscricion para as categorías escolares/menores é gratuíta tendo que aportar 1 kilo de alimentos non perecedeiros, PREFERENTEMENTE LATAS DE CONSERVA E ACEITE para o programa Municipal de alimentos.

ACCESO A INSCRICIÓNS

REGULAMENTO XI CORREXSALCEDA 2024

MAPAS INTERACTIVOS DOS PERCORRIDOS

Como nas últimas edicións tanto a carreira de 10k e a alternativa de 5k, terán ademais do trofeo aos gañadores e gañadoras vales de compra tanto na categoría absoluta como na categoría de corredor local.

IMPORTE DOS VALES SEGÚN CATEGORÍA E POSTO

CATEGORÍA 10K ABSOLUTA
1º CLASIFICADO 120€ – 1ª CLASIFICADA 120€
2º CLASIFICADO 75€ – 2ª CLASIFIDADA 75€
3º CLASIFICADO 50€ – 3ª CLASIFICADA 50€

CATEGORÍA 10K SALCEDENSE
1º CLASIFICADO 75€ – 1ª CLASIFICADA 75€
2º CLASIFICADO 50€ – 2ª CLASIFIDADA 50€
3º CLASIFICADO 30€ – 3ª CLASIFICADA 30€

CATEGORÍA 5K ABSOLUTA
1º CLASIFICADO 100€ – 1ª CLASIFICADA 100€
2º CLASIFICADO 50€ – 2ª CLASIFIDADA 50€
3º CLASIFICADO 30€ – 3ª CLASIFICADA 30€

ATEGORÍA 5K SALCEDENSE
1º CLASIFICADO 60€ – 1ª CLASIFICADA 60€
2º CLASIFICADO 40€ – 2ª CLASIFIDADA 40€
3º CLASIFICADO 25€ – 3ª CLASIFICADA 25€