Arquivo da categoría: Sen Categoria

APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS DE NATACIÓN 2022

O concello de Salceda de Caselas comunica a apertura do prazo de inscrición para os cursos de natación para os meses de xullo e agosto de 2022. O prazo de inscrición iniciarase o vindeiro 13 de xuño e os formularios terán que ser entregados, xunto cos xustificantes de pago das taxas, na Casa da Cultura Castelao.

Os prazos para a reserva de quendas son os seguintes:

  • Quenda de xullo ata o 27 de xuño.
  • Quenda de agosto ata o 27 de xullo.

O prezos mensuais serán de 25€ para ás persoas nadas entre o 2008 e o 2018 e de 30€ para ás persoas nadas antes do 2008.

A ficha de solicitude de inscrición poderase obter na paxina web do concello http://salcedadecaselas.gal/ ou recoller na Casa da Cultura Castelao.

Preme aquí: FOLLA DE INSCRICIÓN CURSO DE NATACIÓN 2022

FOTOS CORRE X SALCEDA 2022

Unha vez rematada a IX edición da correXsalceda 2022 é hora de gozar das imaxes que deixou esta gran xornada deportiva, con máis de 760 participantes que encheron de colorido as rúas e sendas de Salceda.

Agradecer enormemente o traballo incansable dos voluntarios e voluntarias que fixeron posible o bo desenrolo da xornada.

Fundamental a coordinación da Policía Local de Salceda de Caselas xunto as agrupacións de Protección Civil de Salceda de Caselas, Poio e Oitavén, os cales garantiron en todo momento a seguridade de todas as persoas participantes.

As casas colaboradores que coma sempre apostan pola promoción do deporte, sen a súa axuda sería moi difícil organizar eventos como a correXsalceda.

GRAZAS A:

Javucho Publicidade, Excavaciones Norexca, Construcciones Pablo Pérez, Jesús Pérez informátiva profesional, SMRC Automotive interiors Spain (Motherson), Fontanería Jumar, A.C.I.S.A. (asociación de comerciantes e industriais de Salceda), Zona de obra O Rosal, Desbroces Caseslas, Asefisla (Hnos. Núñez Lorenzo), Mapfre Salceda, Covigán, Construcciones Vale, Eurobanan, Eroski e Taller 4 Rodas.

E non podemos esquecernos dos clubs deportivos de Salceda que estiveron un ano máis arrimando o ombreiro para que todo funcionara a perfección, unha vez máis GRAZAS.

BM Caselas, C.B. Caselas, C.C. Aragonta, CPA Patinaxe artística Salceda, C. Bádminton Salceda e sección de fútbol sala das EDM Salceda.