I torneo de brilé

Sin título

As pistas polideportivas e Pavillón Municipal de deportes de Salceda de Caselas acolle o I Torneo de Brilé 24h que terá lugar o venres 18, a partir das 21h.

O torneo abrirá a súa ficha de inscrición o 17 de agosto onde os equipos interesados terán que cubrir a folla adxunta para poder participar e aceptar o regulamento establecido. O custe da inscrición por equipo, é de 5 euros que serán destinados ao clube das Escolas Deportivas Municipais.

Os premios serán distribuidos entre o 1º, 2º e 3º clasificado, con premio para o equipo máis divertido.

Para máis información: deportes@salcedadecaselas.es

ficha de inscrición

REGULAMENTO