Balonmano

O balonmán en Salceda naceu arredor do ano 82, en Parderrubias, cun equipo formado por rapazas de 13/14 anos que,cun adestrador afecionado a este deporte, comezaron a xogar no torreiro das festas, sobre chan de asfalto.

Có paso dos anos foi medrando e mellorando as condicións: pasouse a xogar en pista polideportiva, formouse o Club e albergáronse máis categorías: dende base ata Sénior.

Actualmente as categorías base son xestionadas polas EDM Salceda, quedando no Club as categorías Xuvenil e Sénior, existindo colaboración entre ambas.

Ao longo da historia o balonmán en Salceda chegou a xogar en diferentes torneos a nivel nacional, o último deles na tempada 15/16 en Fuerteventura.

Toda a información sobre o Club Bm Caselas pódese atopar en:

Facebook: www.facebook.com/bmcaselas

Instagram: @bmcaselas

Web: www.bmcaselas.com

Para contactar có club:

– A través das redes sociais

– No enderezo electrónico: bmcaselas@hotmail.com

Escolas Deportivas Municipais de Salceda de Caselas